Realicei un tríptico da película" El gabinete del doctor Caligari": Este sería o tríptico ao completo Como podemos ver na seguinte imaxe este sería o Doctor Caligari: Está elaborada cunha técnica diferente a da seguinte imaxe. Que teña a metade da cara branca e a outra negra representa o ben e o mal, a realidade e a ficción.Utilicei cores brancas, grises, negras e vermellas. Na seguinte aparece unha escena da película amosando ese certo cubismo. Utilicei o gris o branco e o negro. Nesta outra parte do tríptico vemos a Cesare . Realiceino cunha técnica diferente ;con raias . Ten o nome porque parecíame que quedaba mellor .Xa que se via un espacio moi grande na parte da camiseta. Empreguei o vermello o negro e o branco. Esta sería a parte exterior: Quixen realizar as 3 imaxes usando cores grises negras brancas e vermellas para amosar un certo toque siniestro.